Thursday 09 de May de 2024

Cambre entrega os premios do Certame de Pintura de Cambre


Vicente Blanco, coa obra “Estraño Imaxinado” levou os 5.000 euros do primeiro premio

O Concelllo entrega hoxe os premios do Certame de Pintura de Cambre en Villa Concepción a partir das 20.00 horas. Vicente Blanco, coa obra “Estraño Imaxinado” recibirá hoxe de mans do alcalde, Oscar García Patiño, o primeiro premio dotado con 5.000 euros. Ademais, tamñen asistirá o gañador do segundo premio, Xurxo Lobato, coa obra “Jalisia is my country. O Corpiño”, dotado con 3.000 euros. E tamén dous accésit, outorgados a Verónica Bo, con “Silencio! O mundo derrúbase” e para Raúl Álvarez con “Eu, auga”. García Patiñó apuntó que se trata “dun espazo cultural que debemos enriquecer, potenciar e salvagardar porque é parte esencial do noso pobo. Unha marca consolidada que lonxe de perecer co paso dos anos álzase entre os máis importantes certames pictóricos da nosa comunidade”, explicou.
A exposición das obras que participaron no concurso e que foron elixidas polo xurado comeza hoxe coincidindo coa entrega de premios e quedarán expostas ata o 31 de xaneiro de 2016. Concorreron artistas de diferentes nacionalidades residentes en España. Nesta ocasión non puideron acceder ao primeiro e segundo premio aqueles artistas que xa foron galardoados con estas distincións nalgunha das dez edicións anteriores.
O concelleiro de Cultura, Ramón Boga, avanzou que o concurso sufrirá cambios en 2016. “Nestes momentos estúdanse varias modificacións para o ano que vén co obxectivo de potenciar o Certame. Queremos facer actividades paralelas onde os veciños participen nelas e cambiala exposición para a primavera”, indicou.